| mellora accesos sede Liceo |
|
Obra finalizadaAlameda, NoiaCliente: Sociedade cultural e recreativa Liceo de Noia
Unha vez nos encargamos da rehabilitación e ampliación da sede da Sociedade Liceo, a reforma dos accesos formaba parte da actuación integral de rehabilitación da imaxe da Sociedade acometéndose en distintas fases.
Continuando coa estética de pavimentación interior da Sociedade, realízase o deseño e construción dos accesos en pizarra, colocándose en combinación con pedra país en solados horizontais. Igualmente, deséñase un zócalo biselado construído en pizarra.
Aprovéitase para acometer unha serie de actuacións encamiñadas a mellorar os vertidos da sede á rede pública de saneamento. Mellórase a evacuación de augas pluviais de escorrentía no pavimento que se coloca.
Hai que salientar o deseño e corte da pedra país nos encontros horizontais e verticais, ademais do fabuloso contraste que se obtivo ao combinar os materiais utilizados.
|