| rehabilitación sede Liceo |
|
Obra finalizadaAlameda, NoiaCliente: Sociedade cultural e recreativa Liceo de Noia
Adxudícasenos a rehabilitación e ampliación da sede da Sociedade Liceo de Noia.
O proxecto do estudio de arquitectos, Carlos Pérez Pérez, propón a rehabilitación integral das instalacións da sede que consta de planta soto, planta baixa e planta alta. A rehabilitación afecta a todas as unidades de obra interiores e exteriores, ademais da construción dunha planta segunda.
Globalmente, a planta segunda constrúese sobre unha estrutura metálica e forxado unidirecional de viguetas prefabricadas e bovadillas de formigón prefabricado en encontros zunchados que as vincula coa estrutura existente e a nova metálica. Realízanse unha serie de redimensionamentos en distintos pilares da cimentación de cara a consolidar a cimentación antiga ante o incremento das cargas que aporta a nova estrutura tanto por peso propio como por sobrecarga de uso.
Trátase, por tanto, dun proxecto complexo que entraña unha serie de dificultades obxectivas. Durante a fase de mostreo non se consegue detectar a magnitude da estrutura antiga e a existencia de distintas fosas antigas que efectivamente hai que derribar para albergar as unidades estruturais novas. Do mesmo xeito, é necesario empregar unidades de corte circular de certa magnitude para desmontar parte da estrutura antiga (partida referente a demolicións). Por outro lado, solicítasenos que durante a fase de construción a sede ten que continuar coa súa actividade normal, para o que é necesario determinar unha serie de actuacións en canto a impermeabilización da estrutura que permanecerá activa e máis no relativo ás medidas de seguridade paliativas a terceiros que se van tomando nas distintas fases.
O aspecto exterior lógrase con acabados en morteiro monocapa de dúas cores e colócase na fachada principal un mosaico elaborado por Alfonso Costa. A cuberta está construída con panel sandwich.
Destacan os acabados interiores, nos que se utiliza unha combinación de pizarra e mármore branca en solados, aceiro inoxidable para os distintos pasamáns en combinación con vidro e uns acabados de pintura elaborados. Así mesmo, emprégase madeira laminada en distintas salas, como a de baile.
Instálase un lucernario que permite a entrada de luz a través dos dous forxados que proporciona un espazo con moita profundidade e naturalidade. A estrutura do lucernario está construída en aluminio e ilustrada sobre metacrilato por Alfonso Costa.
Do proxecto final destacan os fantásticos acabados logrados en todas as unidades de obra e a pegada que deixa coa súa intervención nos distintos espazos o artista plástico Alfonso Costa.
A nova sede inaugúrase o 25 de marzo de 2006.
|