DS Busuit - Premium Business Template for Joomla!

rehabilitación e reformas

rehab_refor
Conscientes da alternativa que supón a rehabilitación e conservación de inmobles, ofrecemos todos os servizos necesarios para concebir espazos atractivos e renovados.

 

A rehabilitación é unha actividade que require dun maior esforzo en canto a asesoramento e atención profesional que dispensamos con enorme dedicación. Isto é debido a que en moitas ocasións non se dispón dun traballo técnico previo de cara a delimitar a actuación a través de planos e unidades de obras determinadas. No noso caso, subsánase ofrecendo unha atención personalizada e cercana sobre as unidades de obra, eleción de materiais, etc... Da mesma forma, os procedementos de construción incorporan un seguemento exhaustivo sobre as estruturas, sobre os condicionantes e solucións térmicas e impermeabilizantes, así como, un coidadoso tratamento  dos materiais rehabilitados proporcionando unha área rehabilitada en consonancia coa arquitectura contemporánea e as necesidades que buscan os nosos clientes.

Realizamos todo tipo de reformas parciais a pequena escala: cociñas, baños, entradas de edificios, baixos comerciais e residenciais, etc...

> ver rehabilitación e reforma